pecas-pita.blogspot.com

jueves, 11 de mayo de 2023

DIA DAS LETRAS GALEGAS

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das letras galegas está adicado a Francisco Fernández Del  Riego, dende a nosa bliblioteca queremos acercarvos a súa figura, tan importante para a nosa terra e cultura.

  Como xa sabedes para poder adicar as letras a un autor teñense que cumprir tres condicións establecidas no Regulamento de réxime Interno da Real Academia Galega ( capitulo II, Artigo 7): 

1. Ter obra relevante en galego. 
2.Ter unha calidade cultural e humana que mereza poñerse como exemplo a sociedade galega de hoxe. 
3.Que pasasen 10 anos entre a sua morte e a designación para ese día.

       


Fracisco Fernandez Del Riego no 1930 comezou a carreira de DEREITO en Madrid. Ao  ano seguinte, instálase  coa súa familia en Santiago De Compostela, onde ao rematar os estudos, no 1934 comeza a exercer como profesor e axudante de Dereito Civil. 
Ao estaiar a guerra no 36 alistóuse para non ser represaliado polas súas actividades políticas, pois era secretario das MOCIDADES GALEGUISTAS e fixera unha importante campaña en apoio o ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA . Era coñecido como un destacado membro da xeración de mozos intelectuais do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. Tras a guerra instalouse en Vigo, casou e comezou a traballar primeiro como profesor de enseñanza privada e despois como avogado. 
No ano 1943 comezou a reorganizar o PARTIDO GALEGUISTA na clandestinidade. No 1950 fundou xunto con outros galeguistas a emblemática EDITORIAL GALAXIA na que se ocupou da xerencia. 

Ingresa na REAL ACADEMIA GALEGA no 1960 conseguindo que a partir do 1963 a institución escollese anualmente unha figura da cultura galega que protagonizase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que desde entón celébrase na data do 17 de Maio, xa que neste mesmo día se cumprían 100 anos desde que ROSALÍA DE CASTRO levara a imprenta CANTARES GALEGOS .

 

Comenza tamén a súa andadura na revista galega cultural GRIAL a cal codirixiu  xunto con Ramón Piñeiro durante os 100 primeiros números. Implicouse activamente na creación da Fundación Penzol, chegando a dirixir a sua BIBLIOTECA de consulta imprescindible para temas galegos. Foi elexido PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA no 1977, e foi quen imprimiu un aire máis dinámico durante os catro anos que estivo o frente da institución.

 

Foi un editor incansable, orador político e conferenciante pero sobre todo foi tenáz a sua presenza na prensa galega desde tempos da república, sempre co afan de visibilizar a cultura Galega. A sua firma pódese atopar en publicacions anteriores a Guerra Civil como Universitarios, Nos, O Pobo Galego, Ser ou A Nosa Terra, como nas cabeceiras máis importantes da segunda mitade do siglo XX: La Noche, La Región, Faro De Vigo, Vida Galega ou A Voz De Galicia. Destacou como embaixador oficioso colaborando coa prensa da emigración  Galicia Emigrante, Vieiros o Galicia .Durante vinte  anos firmou unha crónica na Revista do CENTRO GALEGO DE BÓS AIRES informando da vida cultural galega.

 

Escribe ensaios como Historia da literatura galega ou Escolma da poesía galega, moi útil no seu momento polo seu carácter divulgativo. Cultivou a narrativa, publica O Cego de Pumardedón en 1992, a literatura de viaxes As peregrinaciones xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia. Editou Atoloxias poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artículos e biografías. Autor dun libro de memorias O río do tempo. No ano 2003 recopilou toda a sua correspondencia con Cunqueiro e editouna en Galaxia co título Cartas o meu amigo, e no ano 2004 a sua memorias  Camiño andado.

 

No ano 1995 donou a cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a BIBLIOTECA-MUSEO FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO da que foi director ata 2009. foi recoñecido con infinidade de galardons: MEDAIA DE ORO DA CIDADE DE VIGO,MEDAIA CASTELAO, PREMIO DAS ARTES E LETRAS DE GALICIA, PREMIO PEDRÓN DE ORO,  Foi nombrado DOCTOR HONORIS CAUSA  pola Universidade de Vigo e GALEGO EGREGIO pola Fundación dos Premios da Crítica.

 

Queremos dar o noso agradecemento a este home de letras e artes , que gracias a súa xenerosidade podemos disfrutar dunha biblioteca que mais ben é un tesoro. Se vos apetece consultar a súa obra temos na biblioteca da asociación Emilio Crespo de San Pelayo de Navia algunhas obras que poden ser do voso interese. Desexamos que pasedes un bonito día e disfrutedes da nosa lingua . ¡Feliz día das letras Galegas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nos encata conocer tu opinión, gracias